Valoración de usuarios
Sinopsis
O compromiso político de Emilio Pérez Touriño comeza nos anos finais da ditadura franquista. Militante activo nas loitas democráticas, pasa polo Partido Comunista antes de se integrar definitivamente no Partido Socialista a finais dos 80. Economista e profesor universitario, ocupa diversos cargos na administración do Estado durante os gobernos de Felipe González. En 1998 accede á secretaría xeral do Partido dos Socialistas de Galicia e en 2005 convértese en presidente da Xunta de Galicia, encabezando o goberno de coalición co BNG. No 2022 publica o libro 'El horizonte europeo' onde reflexiona sobre o futuro da socialdemocracia e a idea de Europa. Nós Televisión conversa con el sobre o presente da UE, a experiencia do goberno de coalición cos nacionalistas e os retos que Galicia ten aínda pendentes.
Ver más
Info
Programa cultural
España (2023)
Calificación
Equipo Técnico
Director
Nós Televisión