Valoración de usuarios
Sinopsis
A intelixencia artificial fala en galego e, nesta reportaxe de Nós Televisión, tamén ten nome propio. Chámase Celtia, é a primeira voz de síntese en galego elaborada a partir de redes neuronais. Creouse ao abeiro do Proxecto Nós, onde naceron dúas tecnoloxías máis: o primeiro tradutor neuronal multilingüe feito en Galicia e o primeiro recoñecedor de voz que entende o galego oral e o converte a texto. Coa axuda de Celtia, entramos nas instalacións do Proxecto Nós para saber como funciona esta iniciativa pioneira liderada pola Xunta de Galicia co traballo de entidades tan prestixiosas como o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) da Universidade de Santiago de Compostela ou o Instituto da Lingua Galega (ILG). Logo de coñecer ás traballadoras e traballadores do Proxecto Nós, reflexionamos sobre as oportunidades que o galego pode ter na lingua portuguesa e os camiños de futuro que a intelixencia artificial abre para o galego.
Ver más
Info
Idiomas
España (2023)
Calificación
Equipo Técnico
Director
Nós Televisión