Valoración de usuarios
Sinopsis
José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos, máis coñecido por Zeca Afonso, fai parte da historia portuguesa, pero tamén da galega. O vínculo do cantante luso con Galicia non só se forxou a través dos seus concertos, ou das fortes amizades que mantivo na comunidade galega, senón que se tratou dunha conexión popular e nacional entre o Zeca e o pobo galego. O 10 de maio de 1972 o Zeca tocou por vez primeira o Grândola no Burgo das Nacións, en Santiago de Compostela. Ese ano está cheo de forza e de memoria no movemento obreiro galego tanto polo asasinato dos sindicalistas Amador Rey e Daniel Niebla cometido polo día 10 de marzo a mans da policía franquista como da forza da clase traballadora no reclamo de melloras sociais e laborais.
Ver más
Info
Música
España (2021)
Calificación
Equipo Técnico
Director
Nós Televisión