Valoración de usuarios
Sinopsis
Ao redor de duascentas mulleres compuxeron os inicios da 'Sección Feminina' das Irmandades da Fala mais os seus nomes apenas configuran a nosa memoria. As mulleres das Irmandades da Fala traballaron na creación das Escolas de Insiño Galego, nos grupos de teatro, deseñaron propaganda, coseron bandeiras, traduciron obras literarias ao galego, debateron, cantaron e actuaron ante o pobo, e finalmente moitas delas militaron no Partido Galeguista. A represión, tras o golpe do 36, acabaría co asasinato, exilio ou silenciamento de mulleres que hoxe debemos reivindicar. Para coidar o seu legado, e divulgalo á sociedade, Nós Televisión realizou esta serie documental: 'Irmás na Fala'.
Ver más
Info
Arte y cultura
España (2023)
Calificación
Equipo Técnico
Director
Nós Televisión
Participante
Encarna Otero Cepeda, Emilio Xosé Ínsua, Goretti Sanmartín Rei, María Xosé Bravo, Xosé Alfeirán Rodríguez, Pepe Barro, Ana Romero Masiá, Dolores Vilavedra, Felipe Ruiz, Iria Pinheiro
Presentadora
Rosalía Fernández Rial